martes, 23 de marzo de 2010

Boqueixón Confidential

Mentres lle dou voltas a algún post medianamente interesante agora que teño algo máis de tempo libre (tampouco moito, non vos pensedes... xD), velaí vos vai un vídeo ao que cheguei dende Menéame.

O vídeo recolle unha situación (e un discurso) totalmente surrealista do noso Destemido Líder Alberto Núñez Feijóo gravado por un grupo de asistentes a unha cea do PP en Boqueixón (A Coruña).


Vía Galicia Confidencial, onde ademais hai unha transcrición aproximada do vídeo.

¿E por que escribe este home un post en galego, se normalmente o fai en castelán?, vos preguntaredes... Simplemente contestarei con esta xenial viñeta chea de retranca que atopei por aí...

No hay comentarios: